martes, 27 de junio de 2017

Canto azucre comemos?

Interesante investigación a que fixemos sobre a cantidade de azucre que conteñen os alimentos procesados. Tras buscar en Internet a cantidade de azucre dalgúns alimentos, os nenos trouxeron das súas casas envoltorios vacíos de diferentes produtos. Anotamos a cantidade de azucre que marcaban na súa composición para comparalo cos datos que buscáramos anteriormente. Para rematar pesamos as cantidades de azucre indicadas para crear uns estupendos murais. Non houbo mellor maneira de ver realmente a cantidade de azucre que inxerimos día a día... A coidarse e alimentarse ben!!!







Excursión de fin de curso no Maruxento

Fantástica excursión de fin de curso no monte Maruxento. Actividades divertidísimas como golf, tiro con arco, indiacas ou o paso do oso. Rutas de sendeirismo, procura de animais, traballo de canteiros... Non faltou nada para pasar un día estupendo na mellor compañía.


Circuítos eléctricos

Incríbles obras de arte foron as que fixeron os alumnos de sexto para traballar os circuitos eléctricos, sen deixar de lado o noso tema do PDI deste ano, o mundo do teatro. Un forte aplauso para todos vós.









Concurso Ortografía

Gran actuación dos representantes da nosa clase no 2º concurso de ortografía do CEIP Josefa Alonso, que este ano compartimos cos nenos do CEIP Canicouva. Un xeito distinto e divertido de aprender. Sodes unhas auténticas máquinas Javi, Silvia e Brais!!!
Noraboa a Paula de 2º, unha auténtica campiona :)







miércoles, 17 de mayo de 2017

Monte Vixiador

Onte fixemos unha excursión ao monte Vixiador. Pasamos unha estupenda mañá coñecendo a nosa flora e fauna, recoñecendo as pegadas deixadas polos animais do lugar, procurando anfibios nas charcas, descubrindo cantos anos tiñan as árbores e camiñando entre elas pendurados dunha corda. Que ben o pasamos!


Cé Orquestra Pantasma

Na semana da cultura que celebramos no cole, comezamos cunha estupenda actuación de César "Cé Orquestra Pantasma" que nos animou a mañá con cancións do folclore galego. Un traballo admirable! Agradecemos tamén a ANPA do centro que se encarga de conseguir estas estupendas visitas!








Maios 2017

O pasado venres celebramos no cole a festa dos maios. Despois de que cada clase participase na elaboración do Maio, uns estupendos presentadores contáronnos a historia desta festa e todos xuntos bailamos e cantamos as coplas feitas polos nenos.





Correlingua

O xoves día 11 acudimos ao Correlingua. Foi unha mágoa que polo mal tempo non puidéramos realizar a marcha dende o Concello. Aínda así pasámolo en grande bailando, cantando e berrando as nosas consignas. E o noso traballo non foi en vano xa que gañamos o premio á mellor animación coas preciosas pancartas que elaboraron os nosos alumnos. Ben feito! En galego, sen cancelas!




Trasplantamos framboesas

Que ben o pasamos na horta do cole xunto á profe Ana. Ela encárgase de explicarnos os segredos para coidar ben todo aquilo que plantamos. Neste caso trasplantamos unhas estupendas plantas de framboesas para colocalas na nosa horta vertical. Que bonitas quedaron nos palés que pintaron os alumnos de infantil. Bo traballo!


Día do libro. Padriños lectores

No día do libro os alumnos de 6º fixeron de padriños lectores para contarlle un conto aos alumnos de 2º de primaria e algúns nenos de 3 anos. Elixiron o seu lugar favorito no patio e gozaron dunha estupenda lectura en boa compañía. Moitas grazas polos agasallos que nos fixeron os afillados, uns divertidísimos e preciosos marcapáxinas :)